GCFF

QUÉ É GALICIAN CINEMA & FOOD FESTIVAL?

ICONO 1
ICONO 2
ICONO 3
ICONO 1

O GC&FF é o evento promocional de Galicia máis significativo nos Estados Unidos. En 2022 celebra a súa sexta edición tras a paralización provocada pola pandemia, converténdose así nun evento moi consolidado.

ICONO 2

Como gran novidade, o festival deixa a súa base orixinal en Nova York para trasladarse a Miami: unha das cidades máis importantes de Estados Unidos, e con maior interese pola gastronomía e a cultura de España.

ICONO 3

O evento reunirá as estrelas da cultura, a gastronomía e o cine galegos nos Estados Unidos a través de eventos exclusivos celebrados en Cosentino City e Coral Gables. Tamén se entregará o premio “Galegos con Estrela”.

Galician Cinema & Food Festival converteuse nun fito para a promoción da Rexión Galega nos Estados Unidos que anuncia a calidade dos seus activos e marcas, tanto público profesional como consumidor norteamericano, a través dun modelo único, atractivo e validado.

gastronomia
SHOWCOOKING

Showcooking:

Amosamos o potencial da gastronomía galega ao mercado profesional e á prensa especializada de Miami a través da actuación dun recoñecido cociñeiro da nosa comarca.

DEGUSTACION

Degustación:

Colocamos os nosos activos, marcas e produtos galegos diante dos representantes institucionais e do público profesional e xeral en Miami coa celebración dun cóctel en Coral Gables.

BEER TASTING

Maridaxe Comida e Viño:

Estimulamos a interacción entre produtores, compradores e prensa ao tempo que maridamos algúns dos mellores viños con latas premium e aceite de oliva de Galicia no espazo Miami Cosentino City.

IMAGEN LUCÍA FREITAS

CHEF CONVIDADO GC&FF 2022

Iñaki Bretal

Estrela Michelin e membro do Grupo Nove, é o propietario de O Eirado da Leña, un íntimo restaurante en Pontevedra.

Defensor da cociña galega, saca o mellor dos nosos produtos baseándose no sinxelo e sen esquecer nunca de onde vimos e onde estamos. 

CINE
CAMARA CINE

PROXECCIÓNS CINEMATOGRÁFICAS

Exhibimos as películas e obras audiovisuais feitas en Galicia que máis destacaron nos últimos tempos, prestando especial atención ás relacionadas co Camiño de Santiago.

Negro

DIRECTOR CONVIDADO GC&FF 2022

JORGE COIRA

Director, guionista e montador de cine e televisión, en 2016 foi nomeado a 8 premios Goya (os máis relevantes do cinema español) pola súa película “El desconocido”, gañando os premios á mellor montaxe e mellor son.

JORGE COIRA

PROGRAMA

O programa GC&FF 2022 desenvolverase os días 14, 15, 16 e 17 de novembro en tres lugares clave da cidade de Miami: o edificio Consentino City, o barrio de Coral Gables e o histórico barrio de Little Havana.

Showcooking. Chef Iñaki Bretal

LUGAR

Lugar: Cosentino City Miami – 3898 Biscayne Blvd. Miami, FL 33137

Hora: 6 pm a 9 pm

OBXECTIVO

Promover a interacción entre produtor e comprador e visibilizar os nosos produtos para o público estadounidense.

CONVIDADOS

25 persoas do sector gastronómico: distribuidores polo miúdo e tendas gourmet, restaurantes e medios do sector.

ENTRADAS

Invitación persoal

The Taste of the Way Day & Entrega de premios “Galegos con Estrela”

LUGAR

Lugar: 3600 Granada Blvd. Coral Gables, FL 33134

Hora: 6 pm a 9 pm

OBXECTIVO

Promoción da gastronomía de Galicia e do Camiño de Santiago mediante unha degustación de produtos.

Entrega do Premio Galego con Estrela a Alfonso Pérez Soto. Presidente de Warner Music para países emerxentes.

CONVIDADOS

150 persoas do sector gastronómico: distribuidores polo miúdo e horeca, restaurantes, influencers da gastronomía e medios de comunicación.

ENTRADAS

Invitación persoal

Exhibición Documental "The Camino Voyage"

LUGAR

Lugar: Teatro Trail – Trail Theater
3715 SW 8th St, Miami, FL 33134

Hora: 7 pm a 9 pm

PELÍCULA

Documental “The Camino Voyage”

CONVIDADOS

75 persoas, público en xeral.

ENTRADAS

Entrada libre
Para reservar a túa entrada, fai clic na ligazón.

Maridaxe de produtos da mar. Chef Iñaki Bretal

LUGAR

Lugar: Cosentino City Miami – 3898 Biscayne Blvd. Miami, FL 33137

Hora: 6 pm a 9 pm

OBXECTIVO

Promover a interacción entre produtor e comprador e visibilizar o produto para o público americano.

CONVIDADOS

40 distribuidores profesionais e prensa especializada.

ENTRADAS

Invitación persoal

EDICIÓNS ANTERIORES

2019

24 – 27 de xuño. The Taste of the Way & The Way Film Day.

  • Showcooking e degustación inspirada na gastronomía do Camiño de Santiago coa chef Estrela Michelin Lucía Freitas.
  • Proxección do documental “Strangers on the Earth – A journey on the Camino de Santiago” e encontro co produtor Patick Terry.
  • Premio Galegos con Estrela: Susana Martínez Conde, neurocientífica.

2018

28 de xuño – 2 de xullo: proxección da película “Dhogs” de Andrés Goteira, a máis premiada na historia dos premios Mestre Mateo e coloquio co director.

  • Showcooking organizado polo restaurante Tomiño en Nova York, especializado na gastronomía galega e apadrinado pola chef galega con estrela Michelin Lucía Freitas.
  • Premios “Galegos con Estrela”: Miguel Saco, artista, escultor e restaurador.
  • GC&FF é declarada finalista dos Premios Paraugas de Comunicación e MKT de Galicia

2017

27 de xuño 30 de xuño: GC&FF convértese na Semana de Galicia nos Estados Unidos.
  • Exhibición das mellores curtas documentais nos Premios Mestre Mateo 2017.
  • Showcooking do chef con estrela Michelin Iván Domínguez
  • Proxección do documental ‘Alén do Cosmos’, de Pedro Pablo Alonso, primeiro Galego en gañar un anel de campión como deportista profesional nos EE.UU.

2016

20 – 23 xuño: Proxección do filme ‘El desconocido’, de Dani de la Torre e presenza de Jorge Coira, editor da cinta e premio Goya 2016 á mellor montaxe.
  • Showcooking do chef Álvaro Villasante.
  • Dia dedicado ó destino Starlight Trevinca.
  • Recoñecemento do GC&FF como o maior evento promocional en Galicia pola Oficina Española de Turismo no país.
  • Coloquio cos directores, Alex Lora, Adán Aliaga, Ana Asensio, Martín Rosete e Jorge Coira.

2015

Primera edición do evento en Nova York.
  • Proxección da película gañadora  dos premios Mestre Mateo 2015  ‘Os fenómenos’, de Alfonso Zarauza e presenza do productor do filme, Rubén Zarauza.
  • Degustación de produtos galegos no Instituto Cervanes.

PATROCINIOS INSTITUCIONAiS

LOGO XACOBEO
xunta galicia
UE-FEMP
pesca-de-rias
AF_Logotipo_Ourense_Enogastronomico
Logo Consulado General de España
Logo_Turespaña

MARCAS PATROCINADORAS

ABANCA
LOGO ABRIL
LOGO ESTRELLA GALICIA
LOGO COSENTINO

MARCAS COLABORADORAS

CABO DE PEÑAS
Indigo-hotel
DI- logo SIN fondo
logo_bodegas_gallegas
LOGO_VIÑA_2018 jpeg

CONTACTO